6 de octubre de 2007

D. Milhaud: La cheminée du roi René, Op. 205

» Leer la entrada en castellano
Este artículo fue publicado previamente en la página de Audiocámara del Aula de Música de Cámara del Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
» D. MILHAUD: "La cheminée du roi René, Op. 205 para quinteto de sopros"
» Escoitar diferentes interpretacións da obra

DARIUS MILHAUD (1892-1974)Nacido nunha familia xudía de Aix-en-Provence, Darius Milhaud fórmase no Conservatorio de París, comezando como violinista antes de virarse cara á composición. Traballou estreitamente co diplomático-poeta Paul Claudel, acompañándoo a Brasil como secretario cando este foi nomeado Ministro da Delegación francesa en Rio de Janeiro. Volvendo a París en 1918, foi un do grupo dos Seis, aos que lles unían vínculos amigables máis que un enfoque doutrinal da composición. Milhaud pasou os anos da guerra en América, onde ensinou, combinando, unha vez terminada a guerra, o seu traballo persoal co que facía cas súas ensinanzas no Conservatorio de París, a pesar de que a súa saúde fraqueaba. Pasou os seus últimos anos en Xenebra, onde morreu en 1974. Foi un compositor asombrosamente prolífico, cunha longa lista de obras para a escena e para o cine, sinfonías, concertos, música de cámara, melodías e obras corais. A súa última obra, un Quinteto para ventos, se numera opus 443. A súa suite para quinteto de ventos, La cheminée du roi René, procede da súa colaboración con Roger Désormières e Honegger sobre a música dunha película, Cavalcade d'amour, que trataba sobre tres episodios amorosos que transcorrían en distintos períodos da historia, a Idade Media, 1830 e 1930. Milhaud escolleu o primeiro, con escenas que evocaban os asuntos amorosos "do bo rei René", conde de Provence e rei para todos os efectos de Nápoles no século XV, quen introduciu a uva moscatel nesta rexión. Gustáballe pasear ao sol e por iso hoxe un dos bulevares de Aix leva o seu nome.

Na súa suite, Milhaud reflicte o estilo da Pulcinella neoclásica de Stravinski; comeza con Cortège. A frauta, acompañada polo clarinete, inicia a súa harmoniosa Aubade, logo é o momento de Jongleurs coa súa melodía confiada ao óboe. A Muousinglade é o nome do barrio onde vivía a familia de Milhaud e Joutes sur l'arc recorda as loitas que se disputaban sobre o río preto de Aix. Chasse à Valabre ilustra a partida de caza do rei cerca do castelo de Valabre, onde a frauta deixa aquí lugar ao flautín. A suite acábase á caída da noite coa suave nostalxia do Madrigal-Nocturne, unha conclusión ensoñada que Jean Roy cualificou como “un dos momentos máis exquisitos da música de cámara de Darius Milhaud”.

  • Anderson, Keit. Libreto del disco NAXOS 8.557356, "French Music for wind quintet"



  • Quinteto Cuesta












    I. Cortège (2:10)


    II. Aubade (1:44)


    III. Jongleurs (1:23)


    IV. La Mousinglade (2:24)


    V. Joutes sur l'Arc (0:59)


    VI. Chasse à Valabre (1:23)


    VII. Madrigal - Nocturne (2:59)



    Pro Arte Wind Quintet












    I. Cortège (2:01)


    II. Aubade (1:39)


    III. Jongleurs (1:13)


    IV. La Mousinglade (2:23)


    V. Joutes sur l'Arc (0:56)


    VI. Chasse à Valabre (1:34)


    VII. Madrigal - Nocturne (2:23)
    « Ler o estudio da obra
    Blogalaxia Tags:


    Technorati Tags: