J. Brahms: Trío para clarinete, violoncello e piano, en la menor, op. 114 (Estudo)
» Leer la entrada en castellano
Este artigo foi publicado previamente na páxina de Audiocámara do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
» J. BRAHMS: Trío para clarinete, violoncello e piano, en la menor, op. 114
» Escoitar diferentes interpretacións da obra
No outono da súa vida, Brahms atópase cun músico excepcional, o clarinetista da Orquesta de Meiningen, Richard Mühlfeld. Baixo o efecto dese encontro serán compostas catro partituras que inclúen ao instrumento sacando o mollo de todas as súas calidades de timbre e de todos os seus matices expresivos, catro partituras que figuran entre as máis acabadas do xénero (o repertorio do clarinete) e de toda a obra brahmsiana.Considerouse a este Trío op. 114 como un estudo previo ao Quinteto op. 115 do que é estrictamente contemporáneo (verán de 1891, en Bad Ischl). Baseada a unanimidade na pefección deste, o malhadado Trío non obtén máis que unha consideración moi menor, aínda que isto non concuerde coas condicións do estreo (Brahms ao piano, Richard Mühlfeld ao clarinete e Hausmann ao violoncello, 24 de novembro de 1891, en Meiningen), nin coa resposta do público berlinés trala première oficial o 12 de decembro seguinte (e tras un ensaio xeral, o día 10 xa triunfal). É certo que o propio compositor, pola súa banda, contribuíu a relegar a obra á sombra, especialmente ao decalarar que ela era "a xémea dunha maxadería aínda maior" (o Quinteto op. 115, evidentemente). Unha boutade. Pero unha evidencia queda: o equilibrio sonoro -e consecuentemente o acabado musical- revélase máis difícil de realizar entre clarinete, violoncello e piano (timbres heteroxéneos, capacidades expresivas non identificables entre si, por non falar dos modos distintos de produción do son) que entre este instrumento de vento e o cuarteto de cordas. Así mesmo, desde o principio da execución constátase a rechamante disparidade dos rexistros, quedando o piano só para cubrir as esixencias individuais dos outros dous. Así pois, ¿menos excepcional, menos logrado o Trío que o Quinteto? Sen dúbida, é dunha inspiración máis contida (aínda que dando cabida, nalgúns momentos, a grandes estallidos de paixón e á manifestación de sombríos latexados); pero é igualmente rico en achados que se revelan á análise detallada. Nos seus catro movementos, máis condesados que os do Quinteto, o Trío mostra un notable traballo de elaboración. En caso necesario, pode ser interpretado por unha viola en lugar do clarinete (versión prevista por Brahms en favor doutro instrumento que lle era caro e que posúe unha tesitura similar á do instrumento de vento).
1. Allegro, alla breve (en 4/4): o movemento innaugural (algo máis de douscentos vinte compases) está en forma sonata, caracterizada aquí pola brevedade do desenvolvemento (menos de corenta compases). O primeiro tema de gran claridade e vigor diatónico asentado na extensión da oitava, provese desde o decimocuarto compás de dúas ideas secundarias que presentan figuracións -deseños e arpexios- que poñen a proba a capacidade de axilidade do clarinete. A primeira destas ideas secundarias serve de transición cara ao segundo tema (compás 44) que se pode interpretar como un canon por investimento do primeiro e que trae como réplica unha terceira idea adxacente (compás 63). Por fin, un tercer tema, lírico, clausura esta exposición relativamente rica e condensada. O desenvolvemento, tan breve como se indicou, apenas explota o tema inicial, o cal, a cambio, non aparecerá na exposición. Esta reexposición, en efecto, ofrece a particularidade de non utilzar máis que os outros dous temas, con moderación e dando a primacía aos motivos secundarios, moi sabiamente diferenciados (en particular, sobre o basamento rítmico do piano). A coda, coa indicación de Pouco meno allegro (compás 212), toma como pretexto á virtuosística idea secundaria inicial, para dar fin a este movemento con indubidable brillantez.
2. Adagio (en 4/4, en re maior):como o primeiro movemento, o segundo está á marxe de lonxitudes e innecesarias repeticións. Nel, Brahms renuncia tamén a desenvolver: dous episodios dunha veintena de compases cada un, enmarcando unha sección aínda máis breve (oito compases). O sentimento oscila entre o pesar e o consolo, nunha especie de "ensoño" que favorece o protagonismo dos timbres graves e atenuados, os intercambios melódicos entre clarinete e violoncello, co piano arpexiando e nutrindo a harmonía. Os dous temas expostos mantéñense parcialmente na sección central, dunha atmosfera máis misteriosa.
3. Andantino grazioso (na maior, en 3/4): non se pode deixar de constatar o logro perfecto deste tercer movemento (por se se puido entender que o dos dous precedentes podía ser cuestionado); é o máis aéreo e o máis cálido da obra, en forma de minuetto con trío. A primeira parte, desenvolvida ata o compás 113, está construída sobre un tema único, de marabillosa inspiración melódica, moi uniforme. No seu centro, soberbios cambios de sonoridade pura entre clarinete e violoncello, "coma se os instrumentos estivesen namorados entre si" (carta de Mandyczewski, o fiel "Mandy", amigo do compositor). Este episodio fai as veces (compás 114) de trío danzante no ton de re maior, no que o clarinete parece levar o pulso deste Ländler. A volta da primeira parte, con retorno ao la maior inicial, é abreviada (vinte e tres compases) e conduce a unha coda moi libre, Un pouco sostenuto.
4. Finale: Allegro (en 2/4 e 6/8, en la menor): aporta un contraste rítmico interesante, aínda que de expresividad bastante reservada. O tema principal, por outra banda o único (dezaseis primeiros compases), constrúese sobre un xogo contrapuntístico entre violoncello e piano, e procrea un movemento animado de terceiras, así como un motivo rítmico vivamente acentuado. A forma sonata domina, pero o tratamento temático provoca sorpresas, pois ao tema escoitado suceden e se yuxtaponen catro ideas secundarias (ata o compás 65). O desenvolvemento -ou o que fai as súas veces- non é senón un episodio que explota de novo o tema principal, facendo aparecer outra idea secundaria (compases 77 a 97), en función de humores diversos que ás veces tenden a un ensombrecimiento ao que contribúe o rexistro grave do clarinete. Unha "ponte" conduce á reexposición (compás 105) que, pola súa banda, non utiliza máis que as catro ideas secundarias anteriores. Pero certamente é o tema principal o que se impón para terminar na importante coda chea de vigor e de alento "romántico".
- F.-R. Tranchefort
- Guía de la música de cámara
pp. 286-288 - Dirixida por Françoix-René Tranchefort
- Alianza Dicionarios
Madrid 1995
» Escoitar diferentes interpretacións da obra
» Leer la entrada en castellano
Blogalaxia Tags: Brahms • Música de Cámara • Estudio • Clarinete • Trío
Technorati Tags:Brahms •
Música de Cámara •
Estudio •
Clarinete •
Trío







0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada