3 de febrero de 2007

R. SCHUMANN: Phantasiestücke para clarinete e piano, op. 73

» Leer la entrada en castellano
Este artigo foi publicado previamente na páxina de Audiocámara do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
» R. SCHUMANN: Phantasiestücke para clarinete e piano, op. 73
» Escoitar diferentes interpretacións da obra
» Ver unha gravación en vídeo da obra
ROBERT SCHUMANN (1810-1856)Segundo o diario de Schumann, estes tres fragmentos curtos foron escritos o 11 e 12 de febreiro de 1849. tras unha execución privada o día 18 (Clara acompañou a un músico da Hofkapell de Dresde), a estrea pública tivo lugar en Leipzig, o 14 de xaneiro de 1850. A partitura foi editada en xullo de 1849 por Luckhardt, en Kassel. O manuscrito (conservado na Biblioteca Nacional de París) presenta traza de abundantes retoques. En balde buscarase aquí o clima fantástico das Phantasiestücke op. 12 para piano de 1837 (o título primitivo de Soiréestücke adecuábase case mellor). Cada páxina, construída en forma de Lied con coda, é intensamente lírica e explota ao máximo as sonoridades nostálxicas do clarinete en la, de timbre aterciopelado, elegante (os románticos con frecuencia preferíano ao clarinete en si bemol). A interpretación ao violín ou ao violoncello, máis ben prexudica a esta música que liga a Weber co Brahms das últimas obras para clarinete. De peza en peza, o tempo acelérase, pero o compás de 4/4 e os tresillos do acompañamento pianístico permanecen. Obsérvanse melodías asímétricas e piano e clarinete frecuentemente dóbranse, o que son características do último Schumann. Os tres fragmentos sucédense sen interrupción (Attaca).

1. Zart und mit Ausdruck ("Tenro e con expresión", la menor): a primeira páxina do ciclo establece un clima elegíaco: a tenra melodía do clarinete dialoga cos tresillos do piano. Na sección central, os dous instrumentos intercambian arpexios por movemento contrario.

2. Lebhaft, leich ("Vivo e lixeiro", la maior): este lixeiro scherzo, en modo maior, utiliza un xogo dialogado máis animado. O episodio central (unha vez máis, en fa maior), baséase nun intercambio de escalas en tresillos.

3. Rasch, mit Feuer ("Rápido e con lume", la maior): unha especie de variación conclusiva que retoma os elementos precedentes: o primeiro fragmento no trío (en modo menor) e o segundo na coda. A escritura é brillantemente arpexiada, na máis pura tradición do clarinete.
  • J.-A. Ménétrier
  • Guía de la música de cámara; pp. 1264-1265
  • Dirixida por Françoix-René Tranchefort
  • Alianza Dicionarios Madrid 1995



  Mikhaïl Rudy, piano
  Michel Portal, clarinete



I. Zart und mit Ausdruck (3:23)
II. Lebhaft, leich (3:26)
III. Rasch und mit Feuer (4:23)


  Anne-List Castaldi, piano
  Vinciane Béranger, viola



I. Zart und mit Ausdruck (3:23)
II. Lebhaft, leich (3:25)
III. Rasch und mit Feuer (4:10)

» Ler un estudo da obra
» Ver unha gravación en vídeo da obra