D. Milhaud: Sonata para frauta, clarinete, óboe e piano, op. 47
» Leer la entrada en castellano
Este artigo foi publicado previamente na páxina de Audiocámara do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
» D. MILHAUD: Sonata para frauta, clarinete, óboe e piano, op. 47
En 1918, Milhaud escribiu a Sonata para frauta, clarinete, óboe e piano, op. 47 (publicada por Durand) que constitúe un verdadeiro cuarteto con protagonismo dos instrumentos de sopro. Os signos de politonalidade son moi evidentes nesta obra. Sería erróneo no entanto xulgar o carácter de tal obra baseándose en pasaxes concretas fóra do seu contexto. Trátase dunha das obras máis persoais de Milhaud, dominado por esta potencia impulsiva que é unha das súas máis fortes características e que se atribúe a miúdo ás súas orixes hebreas. A natureza apaixonada do contido é máis importante que os métodos politonais que emprega para expresalo. Presenta catro movementos distintos. No primeiro ( Tranquilo ), de belo lirismo pastoril, os instrumentos de sopro trazan liñas independentes sobre a base do piano, mentres que unha animación polirrítmica maniféstase no centro da peza. Unha frauta voluble leva primeiramente o segundo movemento ( Gozoso ), antes de acougarse e pasar a cantar con gran pureza por encima dos outros instrumentos. Áspero e vehemente, o terceiro movemento - Arrebatado - introduce un contraste arrepiante: son explosións, foguetes dos instrumentos de sopro nunha ascensión irresistible sobre compactas harmonías. Finalmente, o Doloroso conclusivo, sen dúbida o movemento formalmente mais logrado e o mais cargado de emocións «como unha marcha fúnebre na que, sobre os acordes do piano, o clarinete expón un tema expresivo que será seguido por outro, largamente cantado polo óboe, mentres que, ás veces, aínda explotan movementos de rebelión dos outros instrumentos ata chegar á sobria e severa conclusión» (Paul Collaer).
- F.-R. Tranchefort; Guía de la música de cámara, p. 920; Dirixida por Françoix-René Tranchefort; Alianza Dicionarios; Madrid 1995
- C. Mason / rev.: E. Evans ; Dictionnaire encyclopédique de la musique de chambre, vol II, p. 958; Coordinada por W. W. Cobbett; Éditions Robert Laffont, S. A., Paris, 1999
Heinz Holliger, óboe
Eduard Brunner, clarinete
Oleg Maisenberg, piano
I. Tranquille (7:26)
II. Joyeux (3:12)
III. Emporté (2:04)
IV. Douloureux (5:52)
» Escoitar a obra completa nunha fiestra independente
(Permite continuar navegando polo sitio)
Este artigo foi publicado previamente na páxina de audiocámara do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
» Sonata para frauta, óboe, clarinete e piano
Ler o artigo orixinal na bitácora dos media do aula de música de cámara da Coruña







0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada